miércoles, 10 de octubre de 2018

COMUNICADO DE PRENSA DA SECCIÓN SINDICAL INTERCENTROS DE CCOO ALCOA

COMUNICADO DE PRENSA DE LA SECCIÓN SINDICAL
INTERCENTROS DE CCOO ALCOA

Reunida la Ejecutiva de la intercentros de CCOO el día 3 de octubre en los locales de la federación de industria de CCOO en Madrid y después de analizar la situación por la que está pasando la compañía en España. Concluye:

En primer lugar lo complejo que es la situación de los costes de la materia prima (alúmina) ya que en los últimos meses ha doblado o incluso triplicado su coste habitual en los últimos años. Esta situación hace que las fabricas de aluminio pasen por un estado financiero de perdidas pero que en ningún caso pueden justificar ninguna acción de la compañía sobre ellas, ya que Alcoa es una gran productora de alúmina a nivel mundial y en España lo que sucede es que las ganancias que históricamente se han producido en el sector del aluminio primario ahora se trasladan a la refinería de alúmina de San Ciprian por lo que el grupo sigue estando en beneficios.

En segundo lugar y para terminar queremos trasladar a la opinión pública la más que preocupante situación de los costes eléctricos en España, tanto para el consumidor domestico como para la industria y particularmente para los intensivos entre los que estamos incluidos. Desde la intercentros de Alcoa pensamos que esto es un problema de fondo y necesita un gobierno valiente que revise todos los costes reales de generación al igual de que como se calculan los precios en el pool ya que pensamos que están muy lejos de la realidad.

Para lo más inmediato exigimos al gobierno que ponga en marcha las medidas ya aprobadas en los presupuestos como es la de emisiones indirectas de co2, al igual que la próxima subasta eléctrica se realice lo más pronto posible y con una duración superior a la actual. También trasladarle a la compañía Alcoa que no es todo pedir a los demás que se busquen soluciones por que a nuestro juicio están pecando de inacción. Ya que otras compañías están buscando alternativas como firmar contratos bilaterales a largo plazo con renovables (ppas) que les otorgan costes mucho más reducidos que los del pool.


En Madrid día 3 de octubre de 2018

martes, 10 de julio de 2018

TUTELA DE DEREITOS FUNDAMENTAIS




A XUSTIZA DA A RAZÓN Ó COMITÉ DE EMPRESA E DÍ QUE A CIG NON TEN DEREITO A PARTICIPAR NAS COMISIÓNS DE TRABALLO DO CONVENIO COLECTIVO SI NON SON ASINANTES DO MESMO

O xulgado do social número 2 da Coruña  ditou sentenza nestes termos e desestimou a demanda da CIG contra o Comité de Empresa, CCOO, UGT, APC e Alcoa Inespal Coruña S.L ao considerar que non existe ningunha vulneración da liberdade sindical.

ANTECEDENTES
O 19 de xuño do ano 2017, a maioría da Mesa de Negociación do Convenio 2016-2018, había chegado a un preacordo para ser presentado ao persoal en asemblea, salvo a CIG que na última reunión non sabía si facelo ou non Se redacta un preacuerdo de convenio y firman los presentes, el representante de CIG se abstiene de firmar por faltar la mitad de su representación”. Dende ese momento a CIG e os seus “colaboradores” iniciaron unha campaña de difamación e distorsión de realidade, principalmente sobre o punto da prima de preventivo, desvirtuando os beneficios do preacordo e ocasionando que ao final se perdese dende a blindaxe do calendario e mantemento da prima para todo o persoal antigo dese colectivo, ata que os polivalentes de series só poderían realizar esa tarefa na nova organización de xeito voluntario, pero o peor de todo foi que o novo persoal de preventivo deixou de cobrar 170 euros ao mes polo traballo que levan facendo dende fai un ano.

O tempo demostrou que aquela campaña só fixo dano e o preacordo nese punto non debía de ser tan malo cando aos poucos meses en negociacións de calendarios os mesmos traballadores aos que quentaron a cabeza coa súa campaña solicitaban que se rescatase o preacordo.


O 21 de setembro 2017, o Comité de Empresa reunido en pleno decidiu que os representantes da CIG ao non ser asinantes non participasen nas Comisións de Traballo de interpretación e seguimento do Convenio Colectivo e a CIG demandou ao Comité de Empresa e a todas as Seccións Sindicais que teñen participación no mesmo, así como á empresa.

O 7 de xuño do ano en curso, celebrouse o xuízo e xusto antes de entrar na sala e para asombro de todos os demandados e presentes atopámonos con que a CIG realizara unha ampliación da demanda solicitando que cada un dos demandados lles désemos 6.251 euros (31.255 euros). Vamos, que os mesmos que asinan os documentos que fan posible manter e mellorar os dereitos de todos lles désemos eses cartos a quen pretende estar nunhas comisións dun Convenio que voluntariamente rexeitaron asinar aproveitándose ao mesmo tempo do conseguido.

Lamentamos ter que facer este comunicado, pero non podemos deixar pasar por alto tan graves feitos, aínda así, non imos seguir dándolle máis cova a estes personaxes cuns valores tan baixos, cada quen que saque as súas propias conclusións.



Seguiremos informando.

domingo, 29 de abril de 2018

MANIFESTACIÓN 1 DE MAIO


        MANIFESTACIÓN SAÍDA DA PRAZA DA PALLOZA ÁS 12 HORAS


É tempo de gañar


Prezada compañeira, prezado compañeiro,

o próximo Primeiro de Maio, Día Internacional do Traballo, animamos as traballadoras e traballadores a participaren na loita contra a crecente precariedade e desigualdade laboral, agravadas polos anos de crise económica, polas reformas laborais e polas políticas de austeridade impostas polos sucesivos gobernos desde o 2008.

A economía galega leva catro anos crecendo, xa hai máis empresas con beneficios ca antes da crise e os dividendos repartidos están en máximos. Pero a desigualdade e a pobreza acadan niveis moi superiores aos que había antes da crise: 67.500 fogares teñen todos os seus membros activos en paro e 34.700 persoas carecen de ingresos. O emprego crece, pero á custa de maior precariedade.

Nove de cada dez contratos son temporais e case a cuarta parte deles duran menos dunha semana. O 77 % do emprego a tempo parcial está ocupado por mulleres e constitúe un dos factores da brecha salarial de xénero: as mulleres deixaron de percibir, por un traballo similar, case 5000 euros ao ano.

Tamén aumentaron os accidentes de traballo. Un recente estudo de CCOO demostra a relación entre a precariedade laboral e a sinistralidade. Nos últimos cinco anos faleceron case trescentas traballadoras e traballadores en accidente de traballo e existe unha gran cantidade de enfermidades de orixe profesional non declaradas como tal.

É de xustiza que, nesta etapa de recuperación económica, a negociación colectiva reflicta unha mellora substancial dos salarios, con cláusula de garantía para protexer o poder adquisitivo fronte a un aumento excesivos dos prezos dos produtos de consumo. Tamén esiximos o aumento dos compromisos empresariais en relación coa estabilidade e calidade do emprego, a redución das desigualdades, a protección da saúde e o investimento produtivo.


É tempo de gañar
Reclama os teus dereitos
Mobilízate!